
SOMOS CHIRIPA
Â
Gústanos facer que as boas ideas sucedan.
Somos unha produtora multidisciplinar con experiencia na creación e produción de proxectos audiovisuais, contidos culturais, artes escénicas e eventos. Traballamos en televisión, documental, ficción, formatos dixitais, espectáculos e producións en directo.
Detrás de Chiripa están Eva Alonso e César Seijas, dous profesionais cunha ampla traxectoria e un percorrido por diferentes áreas da produción audiovisual e cultural. A experiencia acumulada ao longo dos anos permÃtelles coñecer os proxectos desde dentro, asumir diferentes funcións e entender o proceso no seu conxunto.
Esta mirada transversal é unha das fortalezas de Chiripa. PermÃtenos adaptarnos ás necesidades de cada traballo, formar os equipos adecuados e implicarnos tanto na parte creativa como na produción, a realización, a técnica ou a posprodución.
Traballamos en todo o proceso, desde a primeira idea ata o resultado final, ou só naquelas fases nas que nos necesites. Combinamos experiencia, capacidade de adaptación e medios propios para facer que cada proyecto avance e chegue a bo porto.
Porque cada proxecto é diferente. E gústanos que asà sexa.
Â

EVA ALONSO
Eva achega experiencia, visión global e capacidade de xestión. O seu percorrido por diferentes áreas e responsabilidades dentro da produción audiovisual, cultural e escénica permÃtelle entender as necesidades de cada proxecto e de cada equipo, anticiparse aos problemas e atopar solucións para que as ideas se convertan en realidade.
Â
CÉSAR SEIJAS
César combina experiencia, mirada e coñecemento técnico. Ao longo da súa traxectoria traballou en diferentes áreas do audiovisual, desde a cámara e a dirección de fotografÃa ata a realización e a produción técnica. Unha experiencia transversal que lle permite asumir diferentes funcións, adaptarse a cada proxecto e atopar a mellor maneira de contalo a través das imaxes.















