Gústanos facer que as boas ideas sucedan. Contamos cunha ampla traxectoria na creación e produción de televisión, ficción, documental, contidos culturais, artes escénicas e eventos. A experiencia e un equipo propio permítennos implicarnos en cada proxecto de principio a fin, coidando tanto a idea como a maneira de facela realidade.
Congresos, convencións, presentacións, encontros, lanzamentos de produto, podcasts, streaming, eventos culturais ou corporativos. Sexa cal sexa o reto, temos as ideas, a experiencia, as instalacións, os medios técnicos, o equipo e as persoas adecuadas para facelo posible.
En Chiripa temos todo iso. E ganas de poñelo en marcha.
Pensar + producir + resolver + executar