Instalaciones

INSTALACIÓNS PARA FACELO POSIBLE

Contamos con instalacións propias en Oleiros pensadas para dar vida a todo tipo de proxectos audiovisuais. Un espazo de traballo que reúne plató, oficinas, equipamento técnico, posto de realización e sala de posprodución.

Unhas instalacións que nos permiten centralizar diferentes fases do proceso de produción, traballar con maior autonomía e dispoñer dos medios necesarios para afrontar cada proxecto.

Un lugar para crear, gravar, realizar, editar e producir.

UN PLATÓ PARA DAR VIDA ÁS IDEAS

Contamos cun plató propio concibido como un espazo versátil para afrontar diferentes tipos de producións audiovisuais. Un lugar preparado para adaptarse ás necesidades de cada proxecto, desde a gravación de programas e entrevistas ata contidos corporativos, podcasts, formatos dixitais, videoclips ou pequenas producións de ficción.

O espazo permite traballar con diferentes configuracións de iluminación, cámaras e escenografía, creando ambientes adaptados a cada proposta. A súa conexión directa cos nosos medios técnicos, posto de realización e sala de posprodución facilita ademais centralizar todo o proceso de traballo nun mesmo espazo.

Un plató pensado para gravar, crear e experimentar, pero tamén para facer máis áxil e eficiente cada produción.

Porque dispoñer dun espazo propio non é só contar cun lugar onde colocar unha cámara. É ter a posibilidade de construír cada proxecto desde cero e reunir nun mesmo lugar as ferramentas, os equipos e as persoas necesarias para facelo realidade.

Este Sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para facer posible o uso do Sitio web e dos servizos ofrecidos, así como para entender como interactúan os nosos usuarios co Sitio web e analizar o seu comportamento para poder mostrar publicidade relacionada coas súas preferencias en base a un perfil elaborado a partir dos seus hábitos de navegación. Pode obter máis información na nosa Política de Privacidade e Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies