Non damos puntada sen fío

 


Sinopse:

A peza "Non damos puntada sen fío" documenta durante varios meses o traballo, o proceso de produción e a montaxe dun espectáculo teatral: "Manual de Patronaxe"

O texto, é unha homenaxe ás mulleres, as referentes feministas, ás modistas e ás coidadoras. O texto da dramaturga Nerea Brey levou o Premio Abrente da MIT de Ribadavia do 2023.

O espectáculo é unha reivindicación de todos eses momentos que, pasando desapercibidos, son, non obstante, as puntadas que conforman o bordado da nosa vida. A Escritora, a través dos recordos do pasado, de cando era Nena, descobre que a súa Avoa, que era modista, foi para ela un verdadeiro modelo feminista.

 


Outros

Proxecto gañador do Premio Luísa Villalta da Deputación da Coruña a proxectos pola Igualdade 2025



 

 

 

Ficha técnica

  • Tipo: Longametraxe documental
  • Duración: 70min
  • Formato: 1920x1080 HD ST 16:9
  • Ano de produción: 2025
  • Idioma: Galego


Créditos

  • Dirección e Guión: Eva Alonso
  • Director de fotografía: César Seijas
  • Montador: César Seijas
  • Produción executiva: Chiripa
  • Directora de Produción: Eva Alonso
  • Axudante de Produción: Melina Regueira

  • Clara Gayo, Iolanda Muíños, Raquel Espada, Susana Sampedro, Nerea Brey, Melina Regueira, Eva Alonso.


Agradecementos

  • TEATRO DO NOROESTE  

Este Sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para facer posible o uso do Sitio web e dos servizos ofrecidos, así como para entender como interactúan os nosos usuarios co Sitio web e analizar o seu comportamento para poder mostrar publicidade relacionada coas súas preferencias en base a un perfil elaborado a partir dos seus hábitos de navegación. Pode obter máis información na nosa Política de Privacidade e Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies