idioma: galego español

Chiripa engloba as solucións para conectarte cos teus clientes.

 

Chiripa nace da unión da experiencia nas artes escénicas e na produción audiovisual, buscando un novo camiño hacia a  "globalización empresarial": a empresa conectada.

 

Ofrecemos servizos de produción audiovisual, comunicación dixital, web, eventos e promoción para a túa empresa.

A PRODUCTORA

TEATRO DO NOROESTE

Mantemos unha longa relación con este cliente, para o que realizamos múltiples servizos. Comezamos  xestionando  as súas producións de espectáculos. Dende fai uns anos levamos tamén a comunicación dixital e os contidos audiovisuais. Encargámonos do material promocional, tanto gráfico como audiovisual, coa grabación e edición do video completo, promos e pílulas para redes.

TEATRO DO ATLÁNTICO

Esta compañía teatral de longa traxectoria, constitúe un referente no panorama teatral galego.

O noso departamento Chiripa Distribuidora xestiona a distribución dos seus espectáculos dende 2017.

 

 

cuartapared

Empresa de nova creación adicada á arquitectura efémera cun prometedor futuro.

Dende Chiripa deseñamos a súa imaxe e web.

 

festival s8

Un festival de cine periférico que mostra un cinema alternativo na cidade da Coruña

Chiripa realiza a cobertura en vídeo do festival.

 

 

a1 pádel

Club de pádel con completas instalacións deportivas, torneos, actividades, ximnasio….

A web, e imaxes que nela aparecen, de A1 Pádel é creación de Chiripa.

 

 

cmus profesional da coruña

Mantemos unha relación de colaboración co Conservatorio Profesional de Música da Coruña.

En Chiripa encántanos a música e cubrir audiovisualmente todo o que a rodea. Dende gravacións de concertos, edición de DVD, deseño de libretos…

 

 

LA CASA DE LOS MACACOS

“La casa de los macacos” é un proxecto para público infantil a través de youtube e redes sociais. Dende Chiripa xestionamos a produción dos videos, o equipo técnico e humano, ademáis da xestión de contidos.

Tanto a promoción en redes como o deseño gráfico de “La casa de los macacos” forma parte dos servizos que realizamos para este cliente, e actualmente estamos a preparar novos contenidos para este canal.

peRRuquería conchi fernández

Os negocios locais, como a perruquería Conchi Fernádez, requiren un asesoramento personalizado para cada sector. En Chiripa traballamos para achegarte ós teus clientes. E por iso, realizamos una páxina web manexable e eficiente para esta clienta. Además xestionamos a súa social media y temos realizado reportaxes fotográficos para actualizar os seus contidos nas redes e mostrar os seus produtos e promocións.

chantada films

Colaboramos con Chantada films nas súas producións audiovisuais. Aportamos o persoal e material técnico, ofrecendo un equilibrio entre recursos e calidade. Dende a dirección de fotografía ata a edición e posprodución.

Temos traballado con esta productora en Curtametraxes como “Lola”, Videoclips como “Cantiga de feto” para Livao do Marrrao, e documentais como “Bravú”, entre outros.

 

OS NOSOS CLIENTES

Chiripa 2017